Concello de Santiago (@PazodeRaxoi) header
Concello de Santiago (@PazodeRaxoi) profile picture

Conta oficial do Concello de Santiago de Compostela. Facebook: concellosantiago Instagram: concellosantiago

Santiago de Compostela
Joined July 2013
Photo by Concello de Santiago (@PazodeRaxoi)Photo by Concello de Santiago (@PazodeRaxoi)Photo by Concello de Santiago (@PazodeRaxoi)Photo by Concello de Santiago (@PazodeRaxoi)Photo by Concello de Santiago (@PazodeRaxoi)Photo by Concello de Santiago (@PazodeRaxoi)Photo by Concello de Santiago (@PazodeRaxoi)Photo by Concello de Santiago (@PazodeRaxoi)Photo by Concello de Santiago (@PazodeRaxoi)Photo by Concello de Santiago (@PazodeRaxoi)
O Concello pon en marcha o procedemento de venda forzosa do edificio da Caramoniña 1 incluído no Rexistro de Soares o pasado setembro. 🗣️ Iago Lestegás, concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica: “a conservación do patrimonio é un deber do Santiago de hoxe e un dereito do Santiago de mañá” e por tanto “o Concello de Santiago emprega e empregará todas as ferramentas legais á súa disposición para protexer a integridade patrimonial da nosa Cidade Histórica e darlle unha nova vida a espazos abandonados”. ℹ️ i.gal/WSVPn
3
1
6
613
🎄O Mercado de Nadal da Carreira do Conde mellora o seu espazo para actividades infantís grazas á colaboración con Cáritas 🏠A entidade cedeu o uso dun local no número 14 da rúa, que será onde se desenvolvan obradoiros de balde para os nenos e nenas que comezan mañá 🎉 🔗i.gal/opQYw
1
251
📢O Concello abre dilixencias polos incumprimentos no transporte urbano e requírelle á concesionaria que opere todas as frecuencias do servizo ➕info 👉i.gal/0T4i6
3
3
453
🗣️ O Concello de Santiago organiza dous monólogos sobre educación sexual e impacto da pornografía con motivo do Día Mundial de Loita contra a VIH/Sida. A educadora social @marinamarroqui impartirá “Outra Educación sexual é urxente”, destinado a alumnado de 4º de ESO, e “Xeración porno. Como educar para salvalos”, para nais e pais. Será o vindeiro martes 1 de decembro na Facultade de Filoloxía do Campus Norte de Santiago. ℹ️ i.gal/k2wBQ
1
2
229
✨ Xa está aquí o Mercado de Nadal! Desde hoxe e ata o 5 de xaneiro agardámoste en Carreira do Conde. E a partir do 21 de decembro, tamén na Área Central. Moooooitas cousiñas para regalar! Anímaste a ver todo o que estes postos nos teñen preparado para estas datas? 🎁
1
336
A alcaldesa @GorettiSRei xunto a varios membros da corporación local asistiron esta noite á gala “Gallegos del Año” de @elcorreogallego . Moitos parabéns a Ignacio Rivera, Teresa Portela, Carmen Álvarez Lorenzo, Abraham Cupeiro e Pedro Fernández Puentes por contribuíren co seu exemplo e desde cadansúa especialidade a facer país. 👏
1
1
2
485
O martes 1 de decembro, despois de acender a árbore e a fachada de Raxoi, toda a praza do Obradoiro cantará xunto ao Coro da Ra “Nadal de Luintra”, no arranxo de Berrogüetto. Queres cantar con nós? 👀 Garda esta publicación e vai ensaiando a letra! 🎤 E se o martes falla a memoria, tranquilidade: repartiremos copias da letra 📄😛 O próximo martes, TES PLAN: 🥁 Ás 18.30h, rúadas con OCT Ultreia desde o Mercado de Nadal de Carreira do Conde e Porta do Camiño. ✨ Ás 19.00h, espectáculo a cargo de OCT Ultreia, Pablo Méndez Performances e O Coro da Ra. Este Nadal, o coro sodes vós 💛
2
5
475
👨‍🚒A Corporación recibe a Félix Juncal, o bombeiro de Santiago que participou como cooperante en Mozambique nun programa sobre prevención, protección e resposta ante emerxencias 🔗i.gal/LkqDn
1
4
411
A alcaldesa @GorettiSRei participou hoxe no acto institucional que a Oficina de Igualdade da @UniversidadeUSC organizou con motivo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres. #25N
1
1
3
337
👴🏻👩🏻‍🦳 O Concello impulsará unha campaña de visibilización e sensibilización sobre a violencia cara as persoas maiores 🗣️ Así se acordou na reunión do Consello Municipal de Persoas Maiores que presidiu esta tarde a concelleira María Rozas 🔗 i.gal/r2Amg
3
2
433
O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, asistiu hoxe á presentación da Memoria de Actividades 2025 das dioceses galegas en Compostela. 🏛️ Unha xornada para poñer en valor o traballo social, o acompañamento comunitario e o coidado do patrimonio.
1
2
490
🖤A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Madrid o pasado 18 de novembro e pola muller asasinada en Albacete o 19 de novembro, vítimas da violencia machista 🔗i.gal/lLTh5
1
2
394
A alcaldesa, Goretti Sanmartín Rei, participou esta tarde no Hostal dos Reis Católicos na entrega dos Recoñecementos Meninas 2026 na loita contra a violencia machista. Na cerimonia, a rexedora deulle o galardón ao Programa Vagalume, recollido pola directora de Cáritas Diocesana de Santiago, Pilar Farjas. Parabéns a todas as persoas e entidades premiadas, entre elas a reitora da USC, Rosa María Crujeiras, e a Asociación de Mulleres da Comunicación de Galicia (MUGACOM), recoñecida coa mención honorífica ‘Comunicar en Igualdade’ 💜
1
1
3
624
🏛️Xunta de Goberno. A voceira do goberno @MiriamFLouzao deu conta en rolda de prensa dos principais asuntos aprobados na sesión ordinaria. 💡 Adxudicada a redacción do proxecto das obras de iluminación da praza das Praterías. 🛝 Adxudicada a execución dun parque infantil e unha zona de actividades biosaudables na contorna da antiga estación de Berdía. 🏗️ Aprobación definitiva dos estatutos e bases de actuación da Xunta de Compensación do polígono 1 do SUND-4 de Rebordaos e aprobación da modificación puntual do Plan de sectorización do SUNP-25 de Roxos. 📜 Tomouse conta da firmeza da sentenza referente ao recurso contencioso que presentou a Asociación Unión Hotelera contra a ordenanza reguladora do imposto as estadías turísticas. ℹ️ i.gal/NveGI
1
2
4
648
O Auditorio de Galiza acolleu hoxe a gala aRi[t]mar, un encontro que celebra a música e a poesía galego-portuguesas e pon en valor os lazos culturais entre Galiza, Portugal e os países lusófonos. Unha cita coa cultura e coas linguas que compartimos. 🎶
1
440
Compostela encheuse de solidariedade. 💜 Grazas a todas as persoas que participaron na carreira e na andaina, contribuíndo a dar visibilidade á loita contra o cancro de páncreas e a apoiar a investigación.
1
2
539
Vai rematando a 40 edición de Cineuropa coa mirada posta nos vindeiros 10 anos e incrementando o número de persoas espectadoras🙌🎬 Onte na Gala de Clausura contou coa estrea do filme “As augas” de Ledicia Sola e coa entrega do Premio Cineuropa a Felipe Lage, pola súa traxectoria como produtor e a súa achega ao audiovisual galego 💛
2
3
510
🌳 O Carballo do Banquete de Conxo, incluido no catálogo de árbores senlleiras de Galicia 📖 A Dirección Xeral de Patrimonio Natural aceptou a solicitude realizada polo Concello no marco do proxecto do Ecobosque, atendendo á significación histórica e cultural da árbore 🔗 i.gal/J6X1g
7
11
553
🚨AVISO🚨 🚧 Corte de tráfico en varias rúas do Campus Vida por mor da XII Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas 🗓️ DOMINGO 22 de novembro ⏰De 10.00 h a 12.00 h ➕info e desvíos🚍👉i.gal/j5SWl
1
2
543
🤖 A XII edición da Maker Faire Galicia bota o peche coa Xornada dos Oficios 🗣️ Na apertura, María Rozas reiterou o respaldo do Concello a un proxecto “que soubo reinventarse e reivindicar a capacidade de innovación e o talento galegos” 🔗 i.gal/JIBVg
4
3
393