A solidariedade tamén pode deixar pegada no futuro 💚
A Asociación Española Contra o Cancro na provincia da Coruña e o Colexio Notarial de Galicia asinamos un convenio de colaboración para promover os legados e as herdanzas solidarias.
Os legados solidarios permiten que cada persoa, se así o desexa, poida prolongar o seu compromiso cunha causa social e contribuír a que a investigación avance e máis persoas reciban o apoio que precisan.
🫶 Grazas ao Colexio Notarial de Galicia por sumar esforzos para construír un futuro con máis investigación, máis acompañamento e máis esperanza.
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer
💚 Esta fin de semana celebramos a quinta edición de Acougo, un encontro moi especial no que 10 familias con nenos e nenas que conviven cun diagnóstico de cancro compartiron tres días de convivencia, ocio e benestar no Pazo de Mariñán, en Bergondo 📍
Otilia Mourelo e Emilia Morandeira, da Xunta Provincial da Asociación, acompañaron as familias na inauguración e déronlles a benvida a este espazo de encontro e apoio.
👏 Grazas á Deputación da Coruña (@Depucoruna) pola cesión do Pazo de Mariñán.
Porque, ás veces, compartir o camiño con quen te comprende tamén é unha forma de atopar acougo 🫶
#TodosContraelCáncer #ContraelCáncer
A túa donación axuda a que poidamos estar onde mais se necesita: ao lado das persoas con cancro de mama e ás súas familias, dando resposta á súas necesidades hoxe e traballando para que teñan máis oportunidades mañá.
Doa e axúdanos a seguir avanzando 💚
colabora.contraelcancer.es/c…
#NosLoTomamosAPecho
O cancro de mama non é unha única enfermidade. Existen distintos tipos e cada paciente afronta unha realidade diferente.
👉 Segundo as estimacións, en 2026 máis de 38.000 persoas serán diagnosticadas de cancro de mama en España.
Actualmente apoiamos 110 proxectos de investigación sobre o cancro de mama.
Investigamos para:
✅ Mellorar o diagnóstico precoz.
✅ Desenvolver novos tratamentos.
✅ Frear a metástase.
✅ Avanzar cara a unha medicina máis personalizada.
✅ Humanizar a atención.
Porque cada descubrimento pode marcar a diferenza na vida de miles de persoas.
O cancro de mama e como o viven miles de persoas, #NosLoTomamosAPecho 💪
➡️ blog.contraelcancer.es/linea…
✨ Solidariedade, compromiso e excelencia gastronómica déronse cita onte na Noite Solidaria contra o Cancro celebrada na @CidadedaCultura de Santiago de Compostela ⬇️
🍽️ A noite converteuse nun escaparate da excelencia gastronómica galega, grazas á participación de recoñecidos chefs, que puxeron en valor os produtos do rural e do mar galego. A música de @xabierdiaz_music completou unha xornada inesquecible ao servizo dunha causa compartida🎶
Grazas á Xunta de Galicia, AGACAL e á Consellería do Mar polo seu apoio, aos nosos patrocinadores @ArzuaUlloaDOP e Trevisani ás entidades colaboradoras, aos profesionais participantes e a todas as persoas que fixeron posible esta iniciativa.
GRAZAS! 💚


















