
O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con @msabaris en Londres e dosdorei baixo o ceo azul de Bruxelas
Joined December 2020
- Tweets5K
- Following1.3K
- Followers3.2K
- Likes14K
Pinned Tweet
🚨🎙️ Non podíamos marchar de vacacións sen episodio novo. E neste imos a outro continente.
As illas Canarias 🇮🇨 teñen unha identidade de seu ben marcada, consecuencia da súa xeografía, a conquista castelá e unha historia de colonialismo e alienación
ivoox.com/50-illas-canarias-…
Onte en Trieste celebraron o 72 aniversario da integración da cidade en 🇮🇹.
Trieste foi desputada pola Iugoslavia de Tito e 🇮🇹 ó rematar a IIGM, estiveron a piques de entrar en guerra por ela.
Co fin de rebaixar as tensións a ONU estableceu o Territorio Libre de Trieste.
Un estado baixo responsabilidade da ONU no que a zona A (coa cidade de Trieste) era administrada por 🇺🇸 e 🇬🇧 e a B (costa noroccidental de Istria) por Iugoslavia.
No 1954 Iugoslavia anexionouse pola súa banda a zona B.
Se queredes saber máis 👇
ivoox.com/en/petisco-lixeiro…
Hoxe é san Demetrio, patrón de Tesalónica e ademais disto alí tamén celebran 114 anos desde que o exército 🇬🇷 entrou na cidade, durante a 1a guerra balkánica, logo de 500 anos de dominio turco.
Tesalónica medio fora apalabrada pra 🇧🇬 pero os soldados gregos correron máis 😅
De feito o exército búlgaro chegou á cidade unhas horiñas máis tarde e esta carreira polo maior porto da rexión foi unha das razóns que provocou ó pouco a 2a guerra balkánica que basicamente foi un todos (🇬🇷🇷🇸🇷🇴🇲🇪, Imperio Otomano) contra 🇧🇬.
🇦🇹 celebra hoxe o seu día nacional, unha república federal con 9 estados cunhas fronteiras que non mudaron desde hai un século.
Mais en 1919 un destes estados federados, Vorarlberg votou nun referendum unirse a 🇨🇭(80% a favor). Finalmente a cousa quedou en nada.
Fundamentalmente porque a anexión suporía cambiar os equilibrios de poder en 🇨🇭, cunha maioría xermanófona aínda maior no país.
Non foi o único referendum organizado en 🇦🇹 nesa altura. En Carintia onde vive unha minoría 🇸🇮 houbo un plebiscito pra establecer as novas fronteiras.
Grandísima victoria electoral da Lista dos Estudantes en 🇷🇸, que acaba coa hexemonía dun SNS ben enquistado nas estruturas do poder.
O Parlamento queda dividido neses 2 bloques con 7 deputados representando ás minorías 🇭🇺 (Vojvodina), 🇦🇱 (Preshevo) e bosníaca (Sandžak).
Hoxe hai eleccións en 🇷🇸, onde o SNS de Vučić busca manterse no poder tras 14 anos de hexemonía.
Enfronte, a Lista dos Estudantes, formación nacida das protestas masivas contra a corrupción e clientelismo tralo accidente da estación de Novi Sad, que causou 16 mortos en 2024.
As eleccións seica van estar moi desputadas, e é capaz que os deputados que representan ás minorías do país acaben dando o goberno a unha ou a outra opción.
Esas serían as que representan á minoría húngara de Vojvodina (con 6 deputados) ou bosníaca no Sandjak (con 2).
E se queredes saber máis o @consuldesmelle, un bo coñecedor da rexión escribiu este xeitoso artigo lavozdegalicia.es/noticia/in…
Coñecedes ós vellos crentes? Son unha comunidade escindida da Igrexa Ortodoxa Rusa tras as reformas relixiosas do século XVII.
Millóns de fieis rexeitaron os cambios e sufriron persecucións e represión por décadas. Moitos fuxiron a zonas illadas de 🇷🇺 e arredores até hoxe.
Hoxe o @RCCelta xoga contra o Celtic de Glasgow, un club nado en 1887 pra representar á enorme diáspora irlandesa da cidade escocesa.
Xurdiu como unha iniciativa benéfica pra mellorar a vida do proletariado inmigrante irlandés especialmente marxinado na protestante 🏴 do XIX.
Como o Celtic de Glasgow hai unha chea de equipos europeos representando diásporas e refuxiados, desde o AEK de Atenas até o Qarabağ de Aghdam.
E sendo os de Fóra de Mapa vicepresidentes de peñas celtistas na diáspora pois non nos quedaba outra que.... 👇 ivoox.com/en/episodio-especi…
O castelán escríbese hoxe con caracteres latinos, porén ao longo da historia tamén se empregaron outros alfabetos.
Por ex, o alfabeto cirílico empregado pra grafar o djudeo-español (ou ladino) empregado pola comunidade sefardí de Sofía🇧🇬.
E non vos pensedes que este tipo de publicacións en djudeo-español con caracteres hebreos era algo raro.
Nos Balcáns e no Mediterraneo oriental había varios xornais publicados polas comunidades sefardís neste alfabeto, por ex. La Alborada de Saraxevo ou La Esperanza en Izmir🇹🇷.
Disto e de moitas máis cousas falamos no noso episodio sobre os sefardís, no que ademais o noso convidado, Carlos Yebra López, respondeu as nosas preguntas en djudeo-espanyol
ivoox.com/en/os-sefardis-sef…

























