Pinned Tweet
Quen dixo que a estribor
as ondas foran peixes ao asexo
escamada carnada
prevista para o lance
incluso sobre o limpo
todo no mar
é argazo
fronte á costa
["Atlántica luz". Modesto Fraga] – at Fisterra, España
Modesto Fraga retweeted
Artigo semanal 26.4.25 El Progreso de Lugo
(...) "Mais un tamén escribe —e debe facelo así, neste caso contra a dor dunha perda— por oficio, por obriga ética consigo mesmo, como forma de manifestación do oculto propio ou como unha ‘homenaxe’ —eu diría tamén ‘elevación’— que se transmuta nunha certa ‘poligrafía’ concibida como acto substancial de escrita".
Acompañando a Antonio Andrade na presentación do seu libro "Os cómaros da vida. Diarios 2020-2022" na Casa da Cultura de Corcubión. Sempre é un pracer coincidir co autor bergantiñán e gozar da conversa rodeado dos amigos. Repetiremos pronto.📚
📷: Concello de Corcubión
❤
Carta derradeira para o bibliotecario Mon Rey Senra quepasanacosta.gal/opinion/m… vía @quepasanacosta
Modesto Fraga retweeted
Carta derradeira para o bibliotecario Mon Rey Senra
lavozdegalicia.es/noticia/ca…
Modesto Fraga retweeted
Moito hei notar a túa ausencia, caro amigo. Obrigado pola túa xenerosidade. Que a Terra che sexa leve! lavozdegalicia.es/noticia/ca…
Modesto Fraga retweeted
☕️ no compostelán hostal Suso, que xa visitaba cando era estudante na vella Filoloxía de Mazarelos. Atopo de camareiro un ex-alumno de Fisterra, Iago, que me pide que lle asine un dos meus libros de poemas 📚✍️ #cousabonita
Alta poesía. O vindeiro sábado visítanos Paddy Bushe, un dos grandes poetas irlandeses. Eire e Galicia, nacións celtas, tomarán a palabra. Lebor Gabála Éreen, Amergin e Breogán; as linguas célticas. Versos comarea. Desde Fisterra para o mundo.✍
O irlandés Paddy Bushe fará residencia literaria en Fisterra lavoz.gal/r0gli2
#efemérides.
Tal día coma hoxe, o 30 de marzo de 1880, nacía en Sardiñeiro (Fisterra) Ramón Marcote, escritor e histórico bibliotecario do Centro Galego da Habana. En 1925 publicou unha #HistoriadeGalicia.
#BibliotecaDaFisterranía
Unha magnífica nova.👏
Muxía revive á Fundación López Abente quepasanacosta.gal/articulo/… vía @quepasanacosta












