Galegas retweeted
Mulleres de loito.
📷 Virxilio Viéitez, c. 1955.
Rosalía soubo captar o estado anímico destas mulleres que viven como viúvas (cando un familiar emigraba, era normal que se puxese loito ata a volta), non sabían se eran "viúvas de vivos ou de mortos".
🖊️ Marcial Gondar Portasany.
Galegas retweeted
Mariscadoras da Ría de Vigo.
📷 Arquivo Pacheco c. 1930-40.
"Camiñan descalzas polas rochas,
(...)
As mulleres de sal, con argazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efémero permanece".
✍️ Ana Romaní.
Galegas retweeted
Nena cun colar de zonchos, Ordes.
📷 G. Henningsen, c. 1965.
O 1 de novembro as nenas saían á rúa con colares de castañas cocidas coa pel, en auga e sementes de anís. Ofrecían os zonchos á xente para que os comeran e así liberar o maior número posible de almas do purgatorio.
Galegas retweeted
Muller na rúa Algalia de Abaixo, Santiago de Compostela.
📷 A.D., 1925.
Esta construción, situada na rúa Algalia de Abaixo, está considerada como unha das poucas casas medievais conservadas da cidade en Santiago de Compostela.
🖊️Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
Galegas retweeted
Muller con paraugas en Ribadavia, Ourense.
📷 Marqués de Santa María del Villar, 1959.
O de afiador e paraugueiro é talvez o oficio que na Galiza se atopa máis localizado: pódese asegurar que casa todos son de Ourense e, máis concretamente, de Nogueira de Ramuín.
🖊️Xocas.
Galegas retweeted
Mulleres á porta da casa en Vigo.
📷 Lucien Roisin, c. 1930.
A casa mariñeira terrea e de cachotería encalada é unha solución habitual na costa galega. Ás veces, o patín redúcese a unhas simples escaleiras labradas na rocha sobre a que se asenta a casa.
🖊️ Pedro de Llano.
Galegas retweeted
Mulleres traballando no gran, Outeiro de Rei.
📷 Walter Ebeling, c. 1930.
A moza da esquerda aventa o gran erguéndoo co pandeiro e deixándoo caer para que o vento leve a parva. Logo escóllese cos cribos e zarandos (muller da dereita) e mídese co ferrado (muller do centro).
🖊️MPG.
Galegas retweeted
Traballadora do balneario no castiñeiro xigante de Bembibre, Viana do Bolo
📷 Vida Gallega, 1908
Esta árbore, famosa polas súas dimensións, foi tallada na Guerra Civil porque dende unha das súas pólas Otero Pedrayo promunciou un discurso a favor do Estatuto Galego do 36
✍️Fraguas
Galegas retweeted
Mulleres nunha rúa de Vigo.
📷 Erich Andres, 1936.
Tras o golpe de Estado de Franco, o fotógrafo alemán Erich Andres chega por barco a Vigo autorizado polo Ministerio de Propaganda para viaxar polo país e retratar a guerra civil dende a perspectiva dos fascistas.
🖊️ E. Rolland.
Galegas retweeted
Nena coidando do gando.
📷 Ramón Dimas, 1956.
Cando volva á escola, logo do verán, voulle pedir á mestra que me ensine a ler de corrido.
Eu, a cambio, voulle contar que as vacas cando comen a herba, non devoran as raíces.
Galegas retweeted
Mulleres de Érguete apupando aos detidos do buque Rand, Vigo.
📷 Magar, 1991.
Cando a droga facía estragos, un grupo de nais levantouse contra os narcotraficantes.
De que vamos a ter medo, se o peor que nos pode pasar é que nos maten un fillo e os nosos xa case están mortos!
Galegas retweeted
Mulleres recollendo o "pan dos pobres", Tui.
📷 Galicia Moderna, 1897.
Situacións de fame e miseria provocaron varias revoltas populares nas que era común que o protagonismo fose das mulleres:
A revolta contra a fame en 1847, a das Pedradas, 1918, a do centeo de Escairón, 1946...
Galegas retweeted
Mulleres debullando lúpulo, Betanzos.
📷 Arq. Muni. Betanzos, c. 1955.
Na década de 1950 Betanzos e As Mariñas converteuse na zona de maior produción da península, chegando a recoller 240 t. en 1963.
A recolección e o pelado do lúpulo era un labor feito maiormente por mulleres.
Galegas retweeted
Mestra e nenas na escola pública de Areas, Pontevedra.
📷 Ruth Matilda Anderson, 1924.
En febreiro de 1924, a ditadura de Primo de Rivera ordena a suspensión inmediata dos mestres e mestras que usen o galego e a clausura das escolas públicas que puideran ensinalo.
🖊️Carlos Callón
Galegas retweeted
Muller bailando cunha regueifa.
📷 Caamaño, c. 1956
A regueifa era unha rosca ou bolo de pan das vodas galegas. Elaborado preferentemente con fariña de trigo e adobiado con ovos, azucre e fitas. Adoitaba repartirse despois do banquete entre os veciños non convidados ao casamento.
Galegas retweeted
Mulleres nunha rúa de Muros.
📷 Veiga Roel, c. 1955.
A mediados do século XX era moi habitual ver mulleres facendo tarefas na rúa diante da porta da casa: pelar patacas, coser, palillar, debullar, coidar dos petís...
Galegas retweeted
Maruja Mallo con manto de algas, Chile.
📷 Aut. desc., 1945
A pintora galega Maruja Mallo foi unha das figuras claves do surrealismo do s. XX. Unha muller que non só se rebelou contra as normas artísticas tradicionais, senón tamén contra a sociedade conservadora.
✍️Cristina Arufe
Galegas retweeted
Carmen Arias, na Magdalena, Arxentina.
📷 1959
En 1958, Díaz Pardo crea a fábrica, Celtia S.A., Porcelanas de Magdalena, a 108 Km de Bos Aires.
Carmen Arias, Mimina, pon en marcha os obradoiros de decoración desta fábrica e forma as novas traballadoras.
🖊️isaacdiazpardo.gal
Galegas retweeted
Mulleres apañando algas en Punta Abelleira, O Grove.
📷 Jean Dieuzaide, 1961.
Na praia apañan o argazo traído polo mar para o estraren despois polas leiras e utilizalo como fertilizante da terra.




















