‼️Hoxe saímos no @Farodevigo falando sobre a labor que levamos a cabo xunto á xente de @IEEEuVigo, @ESFGALICIA e @aindustriosa.
"A loita máis solidaria contra a fenda dixital"
farodevigo.es/gran-vigo/2023…
cc @BorjaMelchor
‼️O vindeiro sábado 1 de Xullo de 17:00 a 20:00 organizamos un Repair Café no Café UF.
♻️Queres darlle unha segunda vida a ese vello ordenador? Traeno e explicámosche como :)
📝Máis info e inscrición en i.gal/repaircafevigo
Asi que xa sabes, se tes pola casa algún ordenador ou periférico que xa non uses, ou queres pasarte a ver o que facemos e ver como botar unha man, escríbenos! 📝
[email protected]
📣‼️No que vai de ano xa levamos máis de 60 ordenadores reacondicionados!🛠️♻️ Son equipos en desuso aos que lle damos unha segunda vida empregando #SoftwareLibre 🐧 e que son entregamos a persoas que os precisan a través de ONGs de carácter social, diminuíndo a #FendaDixital
♻️💻 Se queres doar material informático, preguntar algunha dúbida ou botarnos unha man doutro xeito, contáctanos por correo ou cubre o noso formulario: forms.gle/9FKLMRxQvxEDvtaC8
#SoftwareLibre #ObsolescenciaProgramada #RightToRepair #FendaDixital
Hoxe doamos 22 ordenadores para o IES Ricardo Mella, os cales permitirán ao estudantado continuar realizando as súas labores.
#SoftwareLibre @IEEEuVigo @aindustriosa
♻️Se tés algún tipo de material informático que nos queiras doar (ordenadores, compoñentes, periféricos...) ou simplemente queres ver como colaborar con nós, podesnos escribir directamente por aqui ou cubrir o noso formulario👇 forms.gle/5mv7dJkDkFzhbRg57












