O Translating Europe Forum 2026, organizado pola Comisión Europea, reúne profesionais, estudantes e especialistas da tradución para reflexionar sobre os principais retos e oportunidades do sector.
1
12
A participación en encontros internacionais coma este, ofrecida de balde polo MTCI, permite ao noso estudantado ampliar horizontes, establecer contactos e coñecer de primeira man o funcionamento do sector no ámbito europeo.
1
5
Nesta ocasión, entrevistamos a Lucía, exalumna do MTCI e asistente ao foro, que comparte con nós as súas impresións, aprendizaxes e reflexións sobre esta experiencia.
Entrevista completa no blog do MTCI: paratraduccion.com/limiares/…
5
Entrevista a Anna Palou e Catherine Smith, alumnas do MTCI, sobre a súa experiencia como intérpretes EN-ES na reunión da rede European Master's in Translation (EMT) da Comisión Europea dedicado ao uso sostible e responsable da intelixencia artificial na tradución.
1
54
Nesta conversa, dispoñible no blog do MTCI, comparten a súa experiencia, os retos aos que se enfrontaron e as aprendizaxes que extraeron desta oportunidade de achegamento á práctica profesional da interpretación ofertada polo MTCI.
Entrevista completa en: paratraduccion.com/limiares/…
16
Lingua, creatividade e videoxogos: chega a III Game Jam «Dende o galego, con humor», organizada pola Fundación Carlos Casares coa colaboración do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI).
O MTCI ofrece cinco actividades extraacadémicas no primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027 nas que todo o estudantado do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo terá a oportunidade de participar de balde
Comprácenos anunciar que Patricia Buxán, docente do MTCI, é a gañadora do XXIV Premio de Tradución Plácido Castro pola súa tradución ao galego da obra «Un cuarto propio», de Virginia Woolf.
Parabéns por este merecido recoñecemento ao seu excelente traballo.
Décimo ano consecutivo coas prazas completas!
Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional.
Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas.
Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e que queredes formarvos con nós, e as persoas que este ano non puidestes obter praza, agardamos poder acollervos o vindeiro curso. Grazas por facelo posible! Dez anos, dez matrículas completas!
paratraduccion.com/limiares/…







