
Conta oficial da Consellería do Mar da @Xunta de Galicia | Pesca, Acuicultura, Marisqueo, Portos e Innovación Tecnolóxica
Galicia
Joined October 2022
- Tweets3.1K
- Following114
- Followers629
- Likes606
Consellería do Mar retweeted
Presentei no Parlamento de Galicia os #Orzamentos2027. Son 234,8 M€ para seguir recuperando o marisqueo, modernizando a frota e a acuicultura e reforzando a investigación e a formación.
Son unhas contas realistas, valentes e executables pensadas nas necesidades do noso sector
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presentou hoxe no Parlamento de Galicia o proxecto de #Orzamentos2027 do seu departamento
A investigación mariña e a formación náutico-pesqueira tamén teñen partidas específicas destacadas nestes #Orzamentos2027
As actuacións nos portos autonómicos inclúen a modernización de lonxas e instalacións pesqueiras, a renovación de pavimentos e avances na eficiencia enerxética e na dixitalización
O obxectivo é mellorar os servizos que utiliza diariamente o sector do mar
#Orzamentos2027
Consellería do Mar retweeted
Presentamos a Memoria do CIMA, que completa 50 anos de historia e compromiso co noso mar
Medio século de ciencia aplicada e transferencia directa ao servizo de mariscadoras, pescadores, bateeiros e confrarías. Parabéns a todo o equipo!
Consellería do Mar retweeted
Na apertura do Seminario Internacional sobre Toxinas Emerxentes celebrado en Vigo destaquei o papel da ciencia e a vixilancia diaria que realiza a Axencia Intecmar.
Son o mellor escudo para blindar a seguridade alimentaria e garantir a excelencia dos produtos do noso mar
⚓ A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, reafirma no congreso Bulk Terminals 2026 na Coruña o compromiso da Xunta coa modernización dos nosos peiraos
🚢 Galicia lidera como refuxio de estabilidade, innovación e transición enerxética no tráfico marítimo de graneis
Consellería do Mar retweeted
No Consello Consultivo de Pesca no que participei por videoconferencia, defendín unhas cotas estables no Atlántico e menos burocracia para a nosa frota artesanal.
Tamén aproveitei para rexeitar os aranceis cero á conserva de atún de Tailandia que poidan prexudicar ao noso sector
Consellería do Mar retweeted
Presentámoslles ás 63 confrarías o calendario electoral para escoller os novos órganos de goberno dos pósitos, nos que agardamos ter máis mulleres.
A votación será o 23 de xaneiro de 2027 e uns 13.000 traballadores do mar poderán escoller aos seus novos representantes
Consellería do Mar retweeted
No mercado municipal de Fisterra coñecín o espazo dedicado á venda directa de peixe e marisco fresco procedente da lonxa local.
A actividade mariñeira e os produtos de proximidade comparten protagonismo neste edificio emblemático
A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, visitou o peirao de Mugardos para comprobar o estado da pasarela peonil do bordo portuario
Durante o percorrido, abordou as necesidades de reforzo da seguridade e o emprego de materiais resistentes á acción do mar
🔵 Acompañamos a 21 empresas galegas na SIAL París 2026, o Salón Internacional da Alimentación que se celebra na capital francesa
🐟 Levamos a calidade das nosas conservas e produtos do mar ao gran escaparate mundial con pavillón propio para abrir novos mercados á nosa industria
Consellería do Mar retweeted
Que ilusión coñecer que a Confraría do Centolo Larpeiro do Grove me nomea Embaixadora e Dama de Honra da súa Orde de Mérito.
Hoxe contáronme a axenda do seu 34º Gran Capítulo Internacional co que seguir promovendo a excelencia da gastronomía e do mar da nosa #GaliciaCalidade
Consellería do Mar retweeted
A semana comezaba co fito de ver a Gardacostas de Galicia por primeira vez no Desfile militar do 12-O en Madrid. Logo en Bruxelas defendín o sector do mar e xa en Galicia participei en distintos actos.
Todo na semana na que o Consello deu luz verde ao proxecto de #Orzamentos2027
Consellería do Mar retweeted
No porto de Morás, xunto ao alcalde de Xove e a presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, falamos do proxecto do dique de abrigo.
É unha das actuacións previstas nos #Orzamentos2027 que recollen medidas para mellorar as condicións de traballo da xente do mar



























