Mila Castro Sánchez retweeted
Non por advertido deixa de ser gravísimo. O fiasco con Fly2Galicia e FlyYo en Lavacolla confirma a pésima xestión dun goberno local que pasou de presumir de “meses de contactos e apoio oculto” a lavar as mans cando rebentou o escáldalo da falta de solvencia.
O goberno local non pode quedar de perfil: debe reforzar de inmediato a OMIC para prestar asesoramento aos afectados, pedir explicacións aos interlocutores cos que presumiron de traballar conxuntamente e dar a cara, porque este experimento está por ver aínda como remata.
Hai moito que explicar…
La aerolínea Flyyo no operará vuelos de Fly2Galicia en Santiago por impagos y pide a pasajeros no acudir al aeropuerto europapress.es/galicia/notic…
Mila Castro Sánchez retweeted
As Non Adscritas inclúen no seu programa reactivar Uninova e crear Santiago Impulsa elcorreogallego.es/santiago/…
Mila Castro Sánchez retweeted
Hoxe no Toural acompañando á Asociación Compostelá de Diabetes no #DíaMundialDaDiabetes e celebrando canda eles o seu 40 aniversario.
Catro décadas de traballo apoiando ás familias, informando e mellorando a calidade de vida de milleiros persoas. Parabéns e grazas por tanto! 👏🏼
Mila Castro Sánchez retweeted
Emocionante este #11N, un paro transversal e interxeracional fronte a emerxencia da vivenda, a precariedade dos salarios e unha man chea de reclamacións xustas en defensa do público, da vida digna e dos dereitos.
Unha folga xeral que amosa a forza da sociedade organizada e que deixa un recado a todas as administracións e a todas as capas do Estado, desde os municipios ao goberno central, con especial parada nos gobernos autonómicos: cos dereitos básicos non se mercadea e coa vivenda e cos servizos públicos non se especula.
Apoiar e acompañar. Iso é o que debemos facer desde a política, respaldar a mobilización social sen pretender abandeirala. E, sobre todo, tomar nota e actuar en consecuencia. Traballar para poñer os recursos públicos a funcionar para garantir teito, emprego digno e servizos de calidade para a maioría social. Doume por interpelada.
Mila Castro Sánchez retweeted
En dous meses o goberno local pasou da sobreactuación de esixir os fondos estatais de vivenda a entregarlle á Xunta a parcela da Muíña sen prazos nin condicións.
Por non poñer en marcha Emuvissa en tempo nin crer na vivenda nova, renuncian a liderar e réndense á propaganda do PP. 🏠👇
elcorreogallego.es/santiago/…
Mila Castro Sánchez retweeted
Rosón considera que a cesión da parcela de A Muíña á Xunta é «a proba do fracaso da política de vivienda de Sanmartín» elcorreogallego.es/santiago/…
O ano pasado conseguimos duplicar os #BonosCorazón en primavera e outono para apoiar o comercio e a hostalaría nos meses máis frouxos. Este 2026, o goberno local deixou caer as dúas convocatorias.
Toca salvar os mobles: pedimos que os lancen antes da campaña de Nadal. 🛍️
Mila Castro exige a Raxoi activar los Bonos Corazón para impulsar la campaña de Navidad elcorreogallego.es/santiago/…
Mila Castro Sánchez retweeted
Hoxe comeza @cineuropa_gal 40 anos de vida que moito ben nos fixo, fai e fará! 💛🖤
Mila Castro Sánchez retweeted
Y así se cierra el primer día de emisiones de LA SÉPTIMA. Hemos sufrido, hemos llorado, hemos reído y, sobre todo, nos lo hemos pasado increíblemente bien. Gracias a todos por habernos acompañado y... hasta mañana.
Mila Castro Sánchez retweeted
Inauguramos en Fonseca a exposición «Un modelo para o mundo. 30 anos de Ponte... nas Ondas!»🎙️
Unha viaxe das cintas de casete ao radiovisual: tres décadas de innovación educativa e salvagarda do patrimonio inmaterial galego-portugués 📻
📅 Ata o 20 de novembro!
Mila Castro Sánchez retweeted
Asinando a ILP #LinguaVital xunto a Carlos Maceira e @QueremosGalego.
Mañá levamos ao Pleno o apoio a esta iniciativa fronte aos acordos de mínimos que perpetúan a emerxencia lingüística.
O galego non precisa intercambios de cromos nos despachos: precisa dereitos, futuro e falantes 🩵🤍
Mila Castro Sánchez retweeted
Escoitar ás vítimas tamén é isto 👇🏼
🛑Se repite guión #Angrois:
1. Desconexión sist. de seguridad
2. Se permite circular en AV en sistema que no protege
3. Culpar al "fallo humano"
4. Filtrar audios para contaminar opinión pública
Consecuencia de mirar para otro tras Angrois
#Toledo #AccidenteTren #SpainTrainCrash
Mila Castro Sánchez retweeted
O acontecido en Toledo é unha traxedia desgarradora e difícil de afrontar. A xente de Santiago sábeo ben.
Hoxe, o noso afecto está coas persoas afectadas no accidente e coas súas familias.
Todo o noso apoio ás persoas traballadoras que están alí.
Moita forza. 🖤
Mila Castro Sánchez retweeted
26 de outubro, Día do Dano Cerebral Adquirido 💫
@danocerebralgal @danocerebralE
Mila Castro Sánchez retweeted
Lula ELEITO!!!!!! @LulaOficial 💫 🇧🇷
Mila Castro Sánchez retweeted
Como cada último domingo de outubro, un día extraordinario de deporte e cultura popular coa #Pedestre2026 organizada por @elcorreogallego co compañeiro @gonzalomuinos
🏃🏻♀️🏃🏻Unha cita que forma parte do noso calendario picheleiro e que enche as rúas de deporte e saúde
Aínda con algo de chuvia, a carreira máis bonita do mundo!
Mila Castro Sánchez retweeted
Confeso que sempre me dá certo pudor abrir a porta do persoal e falar da memoria familiar, porque en política o importante ten que ser o traballo pola cidade.
Pero ás veces tamén cómpre botar a vista atrás para explicar por que estamos aquí e que futuro queremos para Santiago.
Grazas a Gonzalo Catoira e @DiariodSantiago polo respecto e pola conversa.
diariodesantiago.es/santiago…
Mila Castro Sánchez retweeted
Moi zurdo para unhas cousas, pero falto de man esquerda noutras.
Cando alguén ostenta a responsabilidade de representar ao Estado en Galicia ten que estar ao que ten que estar. Se quere facer oposición, debe deixar o cargo.
E os riscos de non estar á altura do cargo, á vista están: un operativo policial con resultados dramáticos mentres está facendo campaña, solicitudes de dimisión por diferentes colectivos e explicacións vagas.
Así non.
Mila Castro Sánchez retweeted
Curioso. Dúas das persoas que impulsaron a nosa expulsión do PSOE
O primeiro, autor intelectual da frase “me importa un huevo quedarme sin grupo municipal en Santiago”, condenado
O segundo, que quería tomar o control das finanzas do grupo, rentista
Política de altura, supoño

































