En metade dunha eliminatoria a @rfef decide cambiar as regras do xogo e decide que en caso de empate ao final dos 120 minutos a @UDOurense2014 quedará eliminada.
As regras de xogo eran claras ao comezo do playoff, cambialas en metade dunha final da ascenso é unha cacicada.
A empresa a que a Xunta lle adxudicou o contrato de mantemento do estadio do Couto publica un anuncio nun xornal local buscando empregado
Pois resulta que non fai falla experiencia para optar ao posto
Con estes mimbres como non vai estar o céspede nunhas condicións deplorables?
1
92
Pereiras, mazairas, castiñeiros, as viñas e a casa, todo completamente arrasado. Unhas 7 casas calcinadas en Budián ademais da familiar. O panorama é desolador.
Esta noite arderon as lembranzas familiares en Budián. Arderon as viñas, os frutais e a vella casa dos bisavós. E aínda teremos que escoitar a quenes negan o lume.
Infografía de @vozourense con datos de @Copernicus que da boa conta da grave situación que vive Ourense, a provincia con máis hectáreas arrasadas en 2025.
147.866 hectáreas das 727.300 totais e aínda quedan 4 meses e 11 días para rematar o ano. Un 20,33% do territorio e subindo.
Os bombeiros da cidade de Ourense confirman que a Xunta tamén decidiu desactivalos a pesar de que a vaga de incendios segue aínda descontrolada.
Piden seguir colaborando e non comparten esta decisión incomprensible.
A Xunta a día de hoxe segue sen informar do incendio activo en Pena Trevinca, tras entrar na provincia por Zamora e que arrasou boa parte deste enclave medio ambiental
Falan de 70.000 hectáreas arrasadas, pero o número é moito maior, cun incendio enorme que non sae nos rexistros
Aldeas enteiras destruidas polo paso dos lumes en diferentes puntos da provincia, persoal sobrepasado, veciños e veciñas que o perden todo e que non dan máis tras días loitando contra o lume
E o lume segue arrasando, non frea, non hai forma de controlalo
A desolación, o inferno
Na comarca de Valdeorras o lume arrasa casas e sigue sen control. Algo que acontece en ducias de puntos da provincia.
As imaxes son espeluznantes. Ata os propios bombeiros forestais, curtidos en centos de batalla, non dan creto ao que ven cos seus ollos.
Comunicado dos bombeiros da cidade de Ourense
Reclaman axuda aos compañeiros de todo o Estado para que fagan presión diante das administracións pertinentes e que deste xeito poidan acudir a axudar na loita contra o lume
A situación é insostible. Fan falla todas as mans posibles













