Concello de Abegondo (@abegondo) header
Concello de Abegondo (@abegondo) profile picture

Perfil oficial que informa da actividade do Concello de Abegondo

San Marcos 1, Abegondo. España
Joined January 2010
Photo by Concello de Abegondo (@abegondo)Photo by Concello de Abegondo (@abegondo)Photo by Concello de Abegondo (@abegondo)Photo by Concello de Abegondo (@abegondo)Photo by Concello de Abegondo (@abegondo)Photo by Concello de Abegondo (@abegondo)Photo by Concello de Abegondo (@abegondo)Photo by Concello de Abegondo (@abegondo)Photo by Concello de Abegondo (@abegondo)Photo by Concello de Abegondo (@abegondo)
📣 O Concello de Abegondo súmase á convocatoria da FEGAMP, en apoio á iniciativa da FEMP, para expresar a súa solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario ocorrido en Toledo.
1
110
Hoxe, mércores 28 de outubro, gardarase un minuto de silencio diante da Casa do Concello, ás 20:00 horas, como mostra de respecto ás vítimas e de apoio a todas as persoas afectadas.
14
⚫ O Concello de Abegondo quere expresar o seu pesar polo tráxico accidente ferroviario rexistrado entre Los Yébenes e Urda, unha traxedia que conmociona e enche de dor a toda a sociedade.
1
1
125
Trasladamos as nosas condolencias ás familias e amizades das persoas falecidas, e desexamos unha pronta recuperación ás persoas feridas. Nestes momentos tan duros, facémoslles chegar todo o noso apoio, agarimo e solidariedade.
14
🎶 Este venres, 30 de outubro, o Local Social de Montouto acollerá a proxección do documental ‘Ao son da nova regueifa’, dirixido por Manolo Maseda e Saúl Rivas. 🕗 Será a partir das 20:00 horas. 🍂 A actividade forma parte do Ciclo do Outono das Artes da Deputación da Coruña.
1
48
♻️ Abegondo xa composta: 24 composteiros entregados onte na aula multimedia do Concello, coa campaña de compostaxe doméstica do @as_marinas. Podes recollelo en calquera concello do Consorcio, sen inscrición previa 👉 consorcioam.rsu.gal #Compostaxe #Abegondo
30
♻️ O punto limpo móbil do @as_marinas estará en Abegondo ata mañá, mércores 28 de outubro. 📍 Estará situado no Centro de Saúde, en horario de 9:30 a 13:30 horas. 👉 Aproveita esta oportunidade para depositar os residuos que precisan unha xestión específica.
30
👏 Os máis pequenos desfrutaron moito do "Obradoiro dos oficios do futuro". 👀 Puideron aprender de primeira man sobre técnicas de estampación e realizar deseños sobre diferentes materiais e sobre a historia desta técnica.
1
41
👉 Así remata a programación de Ler Conta Moito que se desenvolveu na biblioteca municipal de Abegondo. Grazas a todos e todas por participar!
12
🖥 O vindeiro luns, 26 de outubro, abrirase o prazo de inscrición nas probas libres presenciais para a obtención do ComDix-Iniciación, correspondentes á edición de decembro de 2026. 📅 O prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 4 de novembro ás 23:59 horas.
1
36
📍 As probas celebraranse os días 2 e 3 de decembro na Aula CeMIT de Abegondo. ℹ️ Máis información e inscricións: cemit.xunta.gal
13
🎃 O Concello de Abegondo celebrará o Samaín o vindeiro sábado 31 de outubro coa andaina terrorífica ‘Camiño das Ánimas’, en Beche. ℹ️ Máis información: abegondo.gal/abegondo-celebr…
1
26
⏰ A actividade comezará ás 19:30 horas e, previamente, a partir das 18:00 horas, haberá sesións de maquillaxe terrorífica para que as persoas participantes poidan prepararse para a ocasión. 🕯️Para realizar a andaina será necesario acudir cunha lanterna e un disfrace terrorífico
1
9
✍️ As persoas interesadas deberán inscribirse no departamento de Cultura do Concello de Abegondo, a través do correo electrónico 📩 [email protected] ou do teléfono 📞 981 657 909. 👻 Animádevos a participar!
11
🎨 Beche conta cun novo mural do artista Sekone, dentro da terceira edición de 'Arte no Camiño', unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña en colaboración cos concellos e as asociacións de concellos das rutas xacobeas.
1
30
🚶 A obra rende homenaxe ás persoas peregrinas que percorren o Camiño durante a noite, cunha composición protagonizada por un xabaril, unha curuxa e un lobo.
1
13
👥 O concelleiro de Urbanismo, Alberto Seoane, e a técnica municipal de Cultura, Alejandra Ulloa, participaron na presentación da obra, á que tamén asistiu, en representación da Deputación da Coruña, o deputado provincial Antonio Leira.
25
👟 O Concello de Abegondo está a executar traballos de renovación do pavimento da pista polideportiva do IES de Viós. 🚧 A actuación comprende a substitución do actual pavimento de formigón por unha superficie deportiva con acabado en tarima.
1
35
👉 O orzamento previsto é de 96.504,14 euros, dos cales 40.000 euros corresponden a unha achega da Xunta de Galicia e o importe restante a fondos municipais. ℹ️ Máis información: abegondo.gal/abegondo-acomet…
18
♻️ Luns 26 de outubro: formación e entrega de composteiros en Abegondo · 10:00 e 16:30 h · Aula multimedia do Concello. Campaña de compostaxe doméstica do @as_marinas. Anótate 👉 consorcioam.rsu.gal #Compostaxe #Abegondo
33