cgrl (@cgrrll) header
cgrl (@cgrrll) profile picture

Foro de participación das institucións galegas en materia laboral

Galicia, España
Joined December 2013
Photo by cgrl (@cgrrll)Photo by cgrl (@cgrrll)Photo by cgrl (@cgrrll)Photo by cgrl (@cgrrll)Photo by cgrl (@cgrrll)Photo by cgrl (@cgrrll)Photo by cgrl (@cgrrll)Photo by cgrl (@cgrrll)Photo by cgrl (@cgrrll)Photo by cgrl (@cgrrll)
📰 A intensa actividade que desenvolvemos no #22EncontroGalegoRRLL foi obxecto de atención nos medios de comunicación. Distintos xornais achegáronse ao traballo que levamos a cabo. Estes son algúns exemplos: 📰 @LaVozDeGalicia: sl1nk.com/694e45e
1
21
🔙 Este mediodía rematou o #XXIIEncontroGalegoRRLL, un dos principais foros de encontro entre os operadores xurídico-laborais galegos. Froito do seu debate e o seu diálogo, coñecemos as conclusións do seu traballo da man da presidenta do CGRL, Antía Sández Callejo.
1
1
3
90
Na recta final do Encontro interviñeron tamén: 👤 Amelia Pérez Álvarez ( @ccoogalicia) 👤 Cristóbal Medeiros Fernández ( @UGT_Galicia) 👤 Francisco González Sío ( @galizaCIG) 👤 Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa (@CEG_Galicia)
1
1
3
62
A Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais da @Xunta, Susana Pérez Iglesias, foi a encargada de poñerlle o punto final a esta dobre xornada. Queremos agradecerlles a todas as persoas participantes o seu interese e implicación e, por suposto, emprazalas ao ano que vén!
1
2
32
📰 Esta mañá comezou o #XXIIEncontroGalegoRRLL cunha interesante lección inaugural impartida pola catedrática do Dereito do Traballo e da Seguridade Social @Carolin20688018, quen falou da transparencia salarial ou dos pluses retributivos, entre outras cuestións.
1
2
70
🗣️ Tamén interveu a presidenta do CGRL, Antía Sández Callejo. Ao remate, constituíronse as mesas de traballo para abordar os retos en emprego e PRL e os desafíos sobre negociación colectiva.
2
2
42
⌛ Todo listo en Guitiriz para o #22EncontroGalegoRRLL! En menos de 24 horas comezará este foro que reunirá aos principais operadores da actividade sociolaboral en Galicia. 👀 Non perdas detalle!
1
3
74
📊 O último número do Observatorio do CGRL, que publicamos o pasado luns, reflicte que unhas 195.000 persoas asalariadas están amparadas a través de convenios asinados ou revisados neste 2026. Este será parte do contexto no que desenvolveremos o #XXIIEncontroGalegoRRLL.
1
2
33
📈 Unha vez publicado o último informe do observatorio da negociación colectiva en Galicia, así evoluciona a actividade neste 2026. 👀 Esta semana, no #22EncontroGalegoRRLL, analizamos o camiño a seguir. 👇
29
🗞️ Os medios poñen xa o foco no #22EncontroGalegoRRLL, foro esencial para o ámbito sociolaboral galego. 👉l1nq.com/fwh45vy 🤝 Guitiriz convértese o 12 e 13 no punto de encontro para abordar retos do emprego, remuda xeracional e saúde laboral con perspectiva de xénero.
2
43
📅 Xa só queda unha semana para comezar o #22EncontroGalegoRRLL, o foro sociolaboral de referencia en Galicia. Este ano debateremos sobre: 👥 Remuda xeracional, talento e saúde laboral. 💶 Transparencia retributiva, SMI e conciliación. Non te separes das nosas redes!
1
1
26
📃A prevención de riscos laborais debe atender ás condicións de cada posto. No #22EncontroGalegoRRLL abordaremos a importancia da perspectiva de xénero, dándolle continuidade ás recomendacións para a súa incorporación a través da negociación colectiva. 👉l1nq.com/68qshvs
1
1
32
🤝 Salarios, transparencia, conciliación... Na segunda mesa do #22EncontroGalegoRRLL achegarémonos aos retos da negociación colectiva para procurar fórmulas que dean resposta aos intereses das empresas e das persoas traballadoras. 🎞️ Descubre nestas imaxes toda a información.
1
1
2
46
🗣️ Cara onde van as relacións laborais en Galicia? No #22EncontroGalegoRRLL debatemos sobre relevo xeracional, escaseza de persoal e retención de talento. 💼 Tamén analizaremos a saúde laboral e os riscos psicosociais. 🎞️ Descubre todos os detalles nas imaxes!
1
1
1
44
📆 Cada vez queda menos para o #22EncontroGalegoRRLL! 🎬 Descubre neste vídeo o programa do 12 e 13 de novembro en Guitiriz (Lugo), onde debateremos a fondo sobre os novos retos para o emprego e a negociación colectiva. 🤝 Non perdas detalle! ▶️
1
2
45
👩‍🏫 O punto de partida do #22EncontroGalegoRRLL será a lección inaugural de Carolina Martínez Moreno. Catedrática na @Uniovi_info e expresidenta da Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos, destaca o seu labor docente e investigador en igualdade laboral.
63
🖼️ Temos cartaz de presentación do #22EncontroGalegoRRLL! Un reflexo do espazo que nos acollerá os vindeiros 12 e 13 de novembro. 📍 Volvemos ao Iberik Gran Balneario de Guitiriz para conversar, aprender e facer medrar o noso tecido laboral todos xuntos. ⏳Sumaste?
54