#patrimonio
🏛️ A única igrexa románica de mármol de España está no Incio, declarada Monumento Nacional.
elprogreso.es/articulo/sarri…
#magosto
🌰 A SDC Laiosa organiza un magosto para o domingo 15 de novembro, a partir das 14:00 horas, con xantar, castañas e chocolatada.
📅 Inscricións ata o 13 de novembro nos teléfonos 660 404 386 e 699 488 711.
#actividadesoincio
🤸♀️ Pilates en Val do Mao!
🍪 O grupo de pilates de Val do Mao, no Concello do Incio, comezou unha das súas clases degustando uns "santiños" con motivo do Día de Todos os Santos.
💪 Despois, tocou facer exercicio e gozar da actividade!
#magostonoincio
🌰 O vindeiro sábado 14 de novembro, ás 20:00 horas, celebrarase un magosto no antigo Mercado Gandeiro do Incio.
🍂 Non faltarán as castañas, os petiscos, a música e o baile!
⚽ Organizan o Concello do Incio e O Incio Terra Brava C.F.
#afurgoteca
🚐 O Incio conta coa Furgoteca, o servizo de biblioteca móbil da Xunta de Galicia que achega libros e novas lecturas ao rural.
🎤 Paula Buján, bibliotecaria da Furgoteca de Lugo, explícanos como funciona este servizo e a súa boa acollida.
youtube.com/watch?v=F8szCHG_…
#saúde
A Xunta aproba o primeiro Plan galego de coidados paliativos pediátricos para ofrecer unha atención integral e coordinada.
#samaínnoincio
O CEIP Ricardo Gasset celebrou o Samaín e o magosto con relatos de medo inspirados en "Á lus do candil", de Ánxel Fole, decoración elaborada polo alumnado e xogos con castañas.
#bancodeterras
📅 Aberto o prazo para arrendar parcelas no Banco de Terras de Galicia.
ℹ As persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Consellería a través do teléfono: 881 997 193 ou do correo electrónico: [email protected]
#oincio
📢 Pleno extraordinario no Concello do Incio.
📅 Hoxe, mércores 4 de novembro, ás 9:15 horas, no salón de sesións do Concello.
📋 Compartimos a convocatoria coa orde do día.
#obradoiro
🛠️ O persoal do Obradoiro de Emprego do Incio, Bóveda e A Pobra do Brollón participou nunha demostración de maquinaria STIHL na área de autocaravanas dos Medos, na Pobra do Brollón.
🌿Actividade organizada en colaboración coa ferraxaría Las Rías de Sarria.
📚 Calendario da Furgoteca para novembro. 🚐 A biblioteca móbil da Xunta percorre hoxe, día 3, diferentes lugares do Incio e volverá o 22 de novembro á Praza de España, na Cruz do Incio.
📅 Consulta as paradas e horarios no cartel.
#asemblea
🌳 A Comunidade de Montes Veciñais de Édramo, na parroquia de Santa María do Mao ( O Incio), convoca unha asemblea xeral para o domingo 8 de novembro, no campo da festa de San Eufrasio.
🗞️ El Progreso.
#colexio
🛝 O patio do CEIP Ricardo Gasset do Incio conta cunha zona de xogos renovada. A actuación contou coa colaboración do Concello do Incio.
🗞️ El Progreso.
#queimas
🔥 Medio Rural reabre dende hoxe as comunicacións para as queimas agrícolas e as solicitudes de autorizacións para as de restos forestais amoreados.
#OIncio
⛰️ Unha ollada ao miradoiro de Pena do Chao, situado xunto a un conxunto de petróglifos prehistóricos e desde o que se poden contemplar unhas magníficas vistas ao Val do Incio.
facebook.com/reel/1107139528…
#magostos
🌰 Toma boa nota dos magostos que se celebran hoxe, sábado 31 de outubro, no Incio!
🍂 En Eirexalba, a partir das 14:00 horas, e no Val do Incio, desde as 20:30 horas. Castañas, gastronomía e música!































